Los Reyes del KO actuarán no Auditorio de Ferrol o 9 de febreiro

Los Reyes del KO – Concello de Ferrol

Conta atrás para o regreso dun dos grandes grupos desaparecidos da música galega, a lendaria banda de blues, que se reencontran en Ferrol en poucos días sete anos despois do seu derradeiro concerto. Será un concerto ben especial que terá lugar o 9 de febreiro, as 21:00 no Auditorio de Caranza.

Marcos Coll e Adrián Costa, Los Reyes del KO, estarán acompañados de grandes músicos que lles acompañaron na sua longa traxectoria profesional, como Crish Rannemberg. A súa reestrea produciuse en Cazorla durante o Festival BLUESCAZORLA. Costa, agora líder The Criers, e Marcos Coll, considerado un dos grandes armónicistas do momento, teñen un poderoso show cheo de directos de puro blues, cheos de funky e ganchos cargados de soul,para que non pares de bailar asalto tras asalto ata que soe a campá.

Despois de coñecerense de nenos no colexio de Compostela, en 1993 deciden formar unha banda de ”blues” amateur para dar renda solta á súa devoción por este tipo de musica. Despois de moitos concertos de ámbito local en bares, casas okupadas ou na mesma rúa, Marcos decide irse a Madrid a probar sorte.

Despois de facer todo tipo de traballos polo día,desde mozo de almacén ata condutor de guindastre,e de tocar en diferentes formacións e jam sessions,recibe a chamada da banda decana de blues en Espana,a Tonky Blues Band. Este feito cambiaría a súa vida sobre todo a nivel profesional e máis tarde tamén a do seu irmán musical, Adrián.

Tras moitos concertos e de acompañar a artistas como Mick Taylor (guitarrista de Rolling Stones), un par de anos máis tarde chega Adrian tambien á cidade e pasa inmediatamente a formar parte de Tonky Blues Band, primeiro de bateria, logo de baixista,para acabar tocando o seu instrumento natural, a guitarra.

Foron anos moi intensos, tendo como momento álxido a xira e grabacion coa lendario batería e cantante de Jimmy Hendrix entre outros, Buddy Miles. Este feito cambiou a súa maneira de ver as cousas,e foi unha lección tanto musical como humana que xa nunca esquecerían.

En festivais compartiron escenarios cos máis grandes como Chuck Berry, Solomon Burke, Buddy Guy,John Mayall, The Animals, The Faboulous Thunderbirds… ou nas salas máis representativas deste xénero ,como o Buddy Guy´ s Legends en Chicago ou o Terra Blues en New York’.

No seu concerto en Ferrol, Marcos e Adrián estarán acompañados de grandes músicos da súa traxectoria profesional como CHRISTIAN RANNEMBERG, JULIAN VAUGH batería que acompañou a mitos como Albert King e B.B. King desde EEUU respetadísimo bajista de blues e DAVID SALVADOR, que adoita acompañar a Adrián con The Clers.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …