Nadine Khouri repite concerto en Ferrol, desta volta xunto a Adrien Crowley nun recital único

Cartel do concerto – Concello de Ferrol

Un ano despois da súa última visita a nosa cidade, daquela dentro do ciclo Son Aloumiños, a voz espectral, cálida e delicada de Nadine Khouri, regresa a Ferrol xunto a Adrian Crowley, nun concerto tan especial como único que ven a reforzar a programación cultural do Concello de Ferrol para este primeiro semestre do 2018.

Será o sábado 10 de febreiro, as 21:00 horas no Teatro Jofre, nun concerto para o que as entradas xa están a venda (a bo ritmo) a partires de 8 euros.

Nadine Khouri foi a artista máis aclamada da pasada edición do ciclo “Son Aloumiños”. A propia Nadine citou, posteriormente, o concerto de Ferrol como un dos máis máxicos da súa traxectoria. Para revivir esa maxia, Nadine únese a Adrian Crowley para realizar un set especial no que será o seu único concerto en Galicia. Adrian Crowley, residente en Dublin pero orixinario de Malta, é deses músicos que, aínda que de longa traxectoria, seguen intactos no seu contacto co gran público. Deses artistas que prefiren subir a árbore escollendo a rama adecuada, máis segura, máis robusta, ir contemplando o que nese ascenso depara o horizonte.

Adrian Crowley regalounos no seu oitavo disco unha nova vista desde esa árbore que se alimenta do folk irlandés pero cuxas ramas o levan moito máis alá. “ Dark Eyed Messenger” gravouse nos estudos de Thomas Bartlett ( Doveman) en New York. Bartlett -habitual de Sufjan Stevens, Martha Wainwright ou The Magnetic Fields- propuxo a Crowley colocar a guitarra como algo residual no disco e potenciar a voz barítona de Adrian. O resultado é o mellor traballo de Adrian Crowley ata a data, dunha factura bellísima.

Lea también

La SAF presenta un nuevo número de Poesía Galicia y entrega sus premios literarios

Este sábado día 23 en un acto previsto para las 12.00 horas,  la Sociedad Artística …