Fomento comeza as obras para mellorar a seguridade nas curvas de Santa Ana

Obras en Santa Ana – Concello de Fene

A Área de Conservación e Explotación de Estradas do Estado iniciou esta mesma mañá os traballos para evitar que o quilómetro 29 da N-651 continúe sendo un dos puntos máis negros da rede viaria da provincia. Nesta zona, coñecida como «curvas de Santa Ana» contabilizáronse 38 accidentes nos últimos catro anos, co resultado de 9 persoas feridas e 3 falecidas, a última o pasado mes de setembro. As medidas correctoras que aplicará Fomento consistirán na eliminación dun dos carrís de subida, a instalación dunha mediana de cemento e a rebaixa dos límites de velocidade. Pola súa banda, desde o Concello tamén se solicitou a tala de varias árbores que deitan sombra e follas sobre a estrada, convertendo o firme nunha pista de patinaxe durante boa parte do ano.

As obras responden en boa medida ás solicitudes municipais reflectidas nun informe sobre sinistralidade elaborado pola Policía Local. Nel os axentes recomendaban a separación física de ambos carrís cunha mediana de formigón ou cun quitamedos para evitar colisións entre o tráfico de subida e o de baixada, a instalación de barreiras laterais semirríxidas en todo o trazado da curva con maior sinistralidade e, por último, a rebaixa do límite de velocidade nese tramo.

Finalmente Fomento optou por eliminar o carril de adiantamento de subida, de xeito que a estrada pasará ter só dous carrís que, ademais, terán entre eles unha barreira de cemento para a contención de vehículos. Un elemento que, segundo a Demarcación de Estradas, pretende «evitar os accidentes frontais e frontolaterais por saídas de vía«. O persoal de obra tamén substituiu esta mesma mañá a sinalización de velocidade, que desde hoxe pasa de 70 a 50 Km/h. en ambos sentidos.

O executivo local agarda que estas medidas «dean o resultado agardado«, tal e como comentou o alcalde fenés, Juventino Trigo. O rexedor criticou que Fomento non informase «en tempo e forma» sobre o comezo das obras xa que, segundo Trigo, «foi o venres cando nos chamaron para dicirnos de palabra que hoxe ían comezar os traballos. O importante é que se fagan xa, pero consideramos que a Demarcación de Estradas debería ter contactado antes con nós para explicarnos de que maneira tiñan previsto darlle resposta ás peticións de maior seguridade que se cursaron desde o Concello«.

Trigo sinalou, ademais, que o venres tamén se lle solicitou a Fomento a eliminación de árbores da beira da estrada posto que, segundo o goberno, «a masa vexetal provoca que a calzada estea húmida a maior parte do ano e que o firme sexa especialmente esvaradío no inverno«.

As obras para a instalación dos novos elementos de seguridade prolongaranse polo menos ata o mércores. Ata daquela o tráfico estará regulado na zona e, por este motivo, recoméndase circular con precaución.

Lea también

Marcha «Polo Bo Trato» en Neda

Alumnado de los centros educativos públicos de Neda protagonizó un año y la “Marcha polo …

Un comentario

  1. El jueves por la tarde ya estaba la noticia del inicio de las obras en la página web de Fomento y en varios medios digitales. Que no venga con cuentos el alcalde… qué había, que avisarlo con 2 meses de antelación? Para qué? Le afecta en algo? Aporta acaso algún medio el Concello?