Entregados os vales de compra aos agraciados na campaña de Nadal do comercio de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, entregaron na mañá  deste venres os vales de compra ás catro persoas que resultaron agraciadas no sorteo da campaña de Nadal que se desenvolveu, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón, entre o 14 de decembro e o 5 de xaneiro.

Os afortunados –Óscar Romero e Yolanda Díaz, con 500 euros cada un; e Purificación Pita e Isabel Valencia, con 300- saíron dun sorteo celebrado o pasado mércores no Concello entre os centos de papeletas que as persoas participantes cubriron nos establecementos comerciais de Narón adheridos á campaña -140 en total- nos que realizaron as súas compras durante o tempo que durou a campaña. Os cartos deberán ser empregados en mercar nos comercios participantes.

Tanto a alcaldesa como o edil de Promoción Económica quixeron resaltar a importancia que ten para o Concello o tecido comercial de Narón non só como polo de creación de emprego e xerador de riqueza, senón tamén como elemento vertebrador do municipio e pola calidade e proximidade na atención á clientela. Nesa liña, manifestaron que é política do goberno local apoiar a actividade comercial a través da colaboración coa entidade que preside Olga Ameneiro en diferentes iniciativas, como a que vén de rematar baixo o título de “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …