Ferrol presentarase este ano en Fitur como unha cidade que con grandes posibilidades e potencial para ser un centro de referencia de congresos e negocios ben conectado os aeroportos de A Coruña e Santiago por autoestrada, con diversidade de recintos e cunha oferta patrimonial, natural e de lecer nun marco incomparable, mesmo para o turismo de Congresos como para unha escapada nas pontes e fins de semana co ánimo de desestacionalizar o turismo estival, que xunto co Camiño Inglés e o destino de cruceiros é unhas das vías polas que se aposta e se exploran neste 2018 para medrar en número de visitantes e na proxección exterior da nosa urbe.
A próxima edición de FITUR, Feira Internacional de Turismo, que se celebra en IFEMA do 17 ao 21 de xaneiro, é o escenario ideal para que Ferrol mostre a amplitude de alternativas que ofrece ao turista MICE (reunións, convencións e congresos de traballo). A data inicialmente prevista para a presentación de Ferrol neste ano 2018 é o mércores 17 de xaneiro ás 14:00 horas na caseta de Turismo de Galicia no pavillón 9 de Fitur, en IFEMA (Madrid).
A cidade, conforme ao criterios dos técnicos especializados, reúne as condicións para servir como un marco perfecto para a celebración de todo tipo de congresos, convencións, viaxes de incentivo ou exposicións grazas a edificios como o emblemático Teatro Jofre (500 aforo), Exponav, o CTB, o Antigo Hospicio, o CIS da Cabana, o salón de actos de A Fundación (200) ou o Auditorio de Caranza con capacidade para 900 persoas, equipado coa última tecnoloxía, ademais do seu patrimonio histórico, marítimo, arquitectónico e militar, combinado coa gastronomía das Rías Altas, o seu potencial para o turismo de aventura, particularmente nos deportes acuáticos, e o entorno natural, privilexiado e incomparable, cun litoral protexido pola súa valía ambiental.
“Ten, por tanto, Ferrol un espírito industrial e cosmopolita nun enclave privilexiado situándose, así, como referente tamén para o mundo empresarial, como potencial destino de congresos médicos e de toda índole”, expoñen desde a Empresa Mixta de Turismo, que destaca “o seu patrimonio histórico e cultural combina o Modernismo do Barrio A Magdalena, como encanto portuario de Ferrol Vello, zona BIC (Ben de Interese Cultural), o Arsenal Militar, os estaleiros de Navantia, o castelo de San Felipe do século XVI, Exponav e o Museo Naval, ademais do Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural«, por citar algúns do atractivos.
O alcalde de Ferrol e o concelleiro de Cultura, Festas e Turismo, Suso Basterrechea, serán os encargados de defender as potencialidades de Ferrol nesta nova edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, a que tamén asistirán, convidados polo Concello, dous representantes da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa ferrolana, para facer a súa exposición e unha breve presentación visual desta Festa de Interese Turístico Internacional no maior escaparate, como é FITUR.
Outra das apostas que se fará desde o Concello de Ferrol é a promoción do Camiño Inglés, que ten quintuplicado en poucos anos o número de peregrinos que chegan a nosa cidade para iniciar a andaina a Compostela, e por suposto, a proxección que está a ter unha festa que é todo un fenómeno social e cultural como é As Meninas de Canido, a través dos ollos do popular videoblogger Diego Pons, que no pasado setembro realizou un traballo especial adicado integramente as veciñas mais famosas das paredes de Canido e que se vai a proxectar en FITUR.
FERROL, UN DOS PRIMEIROS DESTINO DA PROVINCIA EN ACADAR O CERTIFICADO SICTED
Ferrol foi, ademais, un dos primeiros destino da provincia da Coruña -logo de Santiago- en ser distinguido como destino SICTED, que o cualifica como destino económico e de calidade pola súa oferta gastronómica, patrimonial, cultural e paisaxística.
Tamén un destino, o un agasallo, ideal para pasar unha fin de semana, tal e como nos relataba o xornalista ferrolán Luis Fraga nun vídeo de 3 minutos no que repasa algúns, nos todos, os encantos do noso municipio e que foi lanzado na ponte de outubro.
En resumen, van a vender lo mismo de siempre: la Semana Santa. Este año no tocó invitar al viaje a las rondallas. El año que viene tocará, que estarán las elecciones cerca y hay que dejar a todo el mundo contento.
Pues en realidad van a vender lo que vende: La Semana Santa.
Con mandar los carteles , los trípticos ,el arroz con leche y unos profesionales de turismo que lo defiendan ya llega. Lo que no pega con la austeridad ni con la crisis social y de ciudad es que vayan de «gratis total » o de moka 30 o 40 nachiños que no aportan nada y solo van a aprovecharse de cara duras para hacer turismo en Madrid.
A ver ¿Qué pega hay en que Basterrechea y su amigo Carreño vayan a hacer turismo a Madrid con el alcalde? Que no va a ir siempre solo, el pobre ¡Si ni siquiera hablan de religión! Lo único malo que yo veo es que no mencionen Las Pepitas y que no hayan movido un dedo por el Camino Inglés, pero si quieren traer congresos de medicina para que los cirujanos puedan ponerse púos en los mesones de la zona ¡Bienvenidos sean!