O BNG presentou un recurso de reposición contra o acordo da tasa de depuración

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou un recurso de reposición contra o acordo de declarar finalizada a suspensión da aplicación da taxa de depuración de augas residuais aprobada polo goberno local co apoio do Partido Popular por entender que as causas que motivaron, no seu día, a suspensión desta ordenanza fiscal seguen plenamente vixentes.

O BNG considera que esta decisión, agora recurrida polo grupo municipal, «é froito dun acordo político previo existente entre o Goberno Local e o Partido Popular que posibilitou o levantamento da suspensión da taxa de saneamento imposta no seu día polo goberno de Rey Varela. Un acordo que supón un despropósito de tal calibre que nin o PP é capaz de asumir nin de defender o levantamento da súa propia taxa daí que teña que recurrir ao teatro de solicitar informes externos para tentar xustificar o seu posicionamento e para envolver un pacto político entre Ferrol en Común e o Partido Popular que só beneficia a parte privada de Emafesa».

Para o BNG as tres causas que os técnicos municipais citaron para argumentar à proposta de suspensión da taxa están plenamente vixentes: por un lado pese a existir depuración esta ten eivas, os custos reflectidos na taxa e que provocaron que a relación de custos-ingresos diferiran da realidade segue existindo pois é unha taxa, baseada en estimacións e que non se axusta à realidade, e por último que os máis de 2.500 recursos presentados contra as liquidacións derivadas desta ordenanza seguen sen resolverse.

O BNG considera que activar esta ordenanza fiscal significa «asumir a extorsión á que se está sometendo aos veciños e veciñas desta cidade permanentemente, xa que ningunha das cuestións que teñen que ver co saneamento desta cidade é aceptable. A imposición dunha rede unitaria que contradi a lexislación existente sobre a materia ou que se lle entregue a transnacionais a xestión do servizo, a través do socio privado de EMAFESA, SOCAMEX, ou a través de VIAQUA sen que o concello teña ningún contrato nin encomenda de xestión con esas empresas faise porque o obxectivo destas decisións é beneficiar ás empresas privadas, a transnacionais como VIAQUA ou SOCAMEX».

Para o BNG «é dun cinismo absoluto que o Partido Popular se rasgue as vestiduras pola resposta do Consello Consultivo á pregunta inútil pactada polo PP e FeC para crear unha cortina de fume respecto da aprobación da taxa de depuración do anterior goberno do PP».

Lea también

Equiocio, impulsado por la familia de Paloma Lago, aplaza un acto este viernes tras conocerse la denuncia a Villares

Equiocio, evento ecuestre promovido por la familia de la presentadora ferrolana Paloma Lago, ha remitido …