Na mañá de hoxe no Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo Doce, voceira do grupo municipal socialista, compareceu ante os medios de comunicación co obxecto de anunciar a creación dunha comisión de recuperación demográfica na cidade de Ferrol que porá en marcha en xaneiro o grupo municipal Socialista e o PSOE local.
O anuncio se enmarca no contexto da «fonda preocupación por parte da cidadanía en Ferrol sobre o despoboamento da nosa cidade e a necesidade de adoptar medidas ao respecto«. A voceira socialista Beatriz Sestayo entende «incomprensible o abandono do goberno municipal a esta iniciativa socialista que acadou apoio no Pleno o 26 de xaneiro e na que case un ano despois o goberno municipal segue sen acatar. E por iso que o grupo socialista toma a iniciativa nunha comisión con grupos de traballo «abertos á sociedade» sen máis límites que os autovetos aos que cada quen queira someterse«.
A comisión recabará a documentación da comisión creada fai anos no Parlamento Galego e organizará debates abertos á cidadanía e grupos de traballo con persoas expertas na temática e pon a disposición o correo psoe@ferrol.es para recibir achegas de persoas e colectivos.
Este mes daranse os primeiros pasos para solicitar as propias dependencias do Concello, como «espazo de todas e de todos» así como de centros públicos para esa labor que pretende estar iniciada e rematada no ano 2018 a fin de incorporar medidas consensuadas e eficaces nun proxecto de cidade.
A verdade e que esta xente non ten que facer, a recuperación demográfica seria que Felipe Gonzalez non nos cerrase Astano, estes complices agora veñen a dar solución. O de Sestayo xa non ten nombre