O Concello de Valdoviño presentará o Océano Surf Museo, o primeiro de España, nas Xornadas “Mares de Oportunidades” que organiza o GALP A Mariña-Ortegal esta semana no Teatro da Beneficiencia de Ortigueira. A entidade vén de seleccionar o proxecto do Concello de Valdoviño como exemplo de “Boas Prácticas” no eido do desenvolvemento territorial do medio costeiro e o alcalde, Alberto González, será o encargado de dar a coñecer o proxecto ó público, dende a súa concepción ata a súa posta en marcha e perspectivas de futuro. Un proxecto posible, precisamente, grazas á colaboración económica do GALP. A ponencia celebrarase este xoves, 14 de decembro, a partir das 16,30 horas.
As xornadas están abertas ó público en xeral, pero de especial interese para futuros promotores de proxectos, os cales terán a oportunidade de coñecer de forma directa os aspectos mais significativos das axudas do GALP e os factores de éxito dos proxectos presentados, así como tecer redes de colaboración e intercambio de ideas, xa que as xornadas están concebidas tamén como un espacio de networking entre os distintos axentes implicados no desenvolvemento costeiro do territorio de A Mariña- Ortegal.
O programa completo e inscrición nas xornadas, no seguinte enlace http://www.maresdeoportunidades.com/.