O Concello de Valdoviño quere este ano dar un paso adiante na participación da veciñanza na Cabalgata de Reis e proponlles sumarse á construción da denominada Carroza Comunitaria, que terá un papel destacado na comitiva das súas Maxestades de Oriente. Para iso, o Concello alíase coas asociacións de veciños do municipio, en cuxos locais sociais se desenvolverán os traballos iniciais de construción.
As persoas interesadas en participar na construción da carroza deben comunicalo na Casa da Cultura (981 48 76 66) ou poñerse en contacto con algunha das asociacións participantes no proxecto para que lles indiquen o lugar e horario de traballo de elaboración da carroza.
De igual xeito, o Concello tamén vén de abrir o prazo para anotarse como figurante na Cabalgata, que terá lugar o venres 5 de xaneiro. Neste caso, deben anotarse e poden facelo tanto na Casa da Cultura como no CPI Atios ou escolas unitarias e entidades veciñais. O prazo será do 13 ó 27 de decembro e os menores deben adxuntar unha autorización, que poden atopar nos lugares indicados. Está prevista unha reunión informativa para os figurantes o 28 de decembro ás 20,30 h na Casa da Cultura.