O Concello impulsa unha nova rolda da campaña “Separa os residuos, coida Narón”, para concienciar á cidadanía

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou o inicio dunha nova rolda da campaña “Separa os residuos, coida Narón”, unha completa guía de reciclaxe coa que se pretende concienciar á poboación en xeral sobre a importancia de depositar os residuos nos contenedores axeitados, e sempre nos horarios estipulados para tal fin (o vidro de 9.00 a 22.00); o colector de restos (verde escuro, de 20.00 a 23.00 excepto sábados e vésperas de festivos) e os azuis e amarelos sen horario establecido.

O concelleiro de Servizos explicou que os días 6, 8 e 25 de decembro e nas xornadas do 1 de xaneiro do vindeiro ano, ao ser festivos, non haberá servizo de recollida de lixo. “É moi importante que as veciñas e veciños, e sobre todo o persoal do sector hostaleiro teña en conta estas indicacións para tratar de evitar desbordamentos nos contenedores de lixo e poder manter as rúas da cidade nas mellores condicións posibles de limpeza e hixiene”, recalcou Santalla. Os días 24 de decembro e 6 de xaneiro de 2018, a pesares de ser datas festivas, si estará operativo o servizo de recollida de lixo no horario habitual, tal e como apuntou o concelleiro.

Así mesmo o edil naronés destacou a importancia de utilizar as instalacións do Punto Limpo para depositar metais, entullos, voluminosos, aceites, electrodomésticos, baterías, pilas, medicamentos, e outro tipo de artículos e produtos específicos para depositar neste tipo de instalacións. Santalla recordou que o Punto Limpo de Narón está no polígono de Río do Pozo (frente a Sogama) e permanece aberto de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 e os sábados de 9.00 a 14.00.

O Concello de Narón dispón ademais dun servizo de recollida de voluminosos, de balde, que a veciñanza pode solicitar chamando ao número de teléfono 981 391 074.

“A colaboración cidadá é fundamental para manter limpa a nosa cidade durante todo o ano, pero é preciso redoblar esforzos conxuntamente nunhas datas como estas do Nadal, nas que habitualmente se depositan maiores cantidades de residuos nos contenedores, apuntou Santalla.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …