Valdoviño invita á cidadanía a coñecer nesta ponte festiva o Océano Surf Museo

Museo do Surf – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño invita á cidadanía a aproveitar estes días festivos para coñecer o Océano Surf Museo, o primeiro de España adicado ó surf. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, apunta que a entrada é gratuíta e as instalacións abrirán as súas portas o mércores, Día da Constitución, e o venres, Día da Inmaculada Concepción, de 12 a 14 e de 16 a 19 horas, así como o sábado e domingo neste mesmo horario. O xoves permanecerá aberto de 10 a 14 horas.

O rexidor valorou moi positivamente as cifras de visitantes rexistradas o pasado fin de semana, tras a inauguración do Océano Surf Museo celebrada o venres 1 de decembro. Así, avanzou que foron 83 as persoas que se achegaron ata o museo para facer un percorrido pola historia do surf dende as súas orixes e ata a actualidade. Tamén para coñecer a exposición temporal que albergan as instalacións: a colección de táboas de Enrique Artero, considerada como a máis importante de España. Así mesmo, Alberto González avanzou que en próximas datas o museo abrirase ás visitas guiadas de escolares.

O Océano Surf Museo está ubicado na Casa da Cultura, edificio singular Premio Nacional de Arquitectura e obra do prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jarreto. Ocupa a súa primeira planta, unha gran galería acristalada aberta á praia da Frouxeira e válese tamén da sala de exposicións do inmoble para impulsar mostras temporais e do auditorio, como escenario de ciclos de cine, festivais de música ou charlas e congresos.

Lea también

El Baxi Ferrol visita este miércoles Milán en la ida del playoff de la Eurocup Women

Empieza la fase decisiva de la Eurocup Women para el Baxi Ferrol, visitando al GEAS …