Narón 25 N. Ofrenda floral e lectura dun manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu na mañá  deste lúns un novo acto organizado polo Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A rexedora local e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, leron na Praza da Gándara, fronte ao Monumento á Muller alí ubicado, o manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”. Así mesmo, participaron nunha ofrenda floral no citado monumento xunto con veciñas e veciños da localidade e representantes de diferentes entidades que integran o Consello Sectorial de Igualdade. Ao acto asistiron tamén os portavoces municipais de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, e do PSOE, Catalina García, así como outros edís da corporación local naronesa.

Na súa intervención, Ferreiro e Sabio agradeceron a participación cidadá tanto no acto de hoxe como na concentración celebrada o pasado 24 de novembro na porta principal do Concello. Así mesmo, solicitaron ese mesmo respaldo cidadá para a convocatoria prevista mañá, ás 18.00 horas, no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. Alí informarase aos asistentes sobre o Servizo de Atención Psicolóxica para as Vítimas da Violencia de Xénero, un dos recursos dispoñibles no Concello para atender ás citadas vítimas..

A programación municipal inclúe ademais unha Exposición Artística que se pode ver desde hoxe ata o vindeiro 15 de decembro no Pazo da Cultura, no horario de apertura habitual. A mostra consta dunha ducia de paneis informativos realizados por alumnado de Artes Grárficas do IES Leixa, no que se abordan, con imaxes e frases, diferentes manifestacións de violencia.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, incidiu durante o acto na “importancia de continuar traballando conxuntamente para erradicar esta lacra social e así non ter que lamentar máis vítimas por violencia de xénero”

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …