En marcha a IV edición do Certame Literario Carmela Loureiro

Cartel do certame – Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol ven de convocar a IV edición do Certame Literario ‘Carmela Loureiro’, de microrelato, micropoesía e microteatro, que se convoca cada ano desde o municipio a través do departamento de Normalización Lingüística e da Coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra (CENL).

O premio Carmela Loureiro é unha homenaxe a unha muller, profesora en Ferrolterra, que durante anos adicou o seu tempo o o seu saber a língua e os mais novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un bo exemplo do labor anónimo e xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade.

De acordo as bases do certame nesta VI edición poden participar os alumnos de Primaria, Bacharelato e Ciclos de todos os centros do municipio en tres categorías: microrrelato (150 palabras), micropoesía (seis versos) e microteatro (non mais de 600 palabras), e que foi unha novidade da pasada edición no 2016.

Teñen que ser traballos orixinais e inéditos e o prazo para presentalos remata o mércores 20 de decembro.

Este certame vai destinado todo o alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL. O gañador@ de cada categoría en cada unha das modalidades recibirá como premio unha tablet, unha por cada categoría e os seus nomes, publicados na web municipal. Os traballos premiados serán editados polo Concello en papel e en formato dixital, en os gañadores recibirán o seu premio nun acto que terá lugar xa no ano vindeiro.

Un xurado, presidido polo concelleiro de Normalización, e integrado por membros do CENL, alumnos dos centros participantes e unha persoa destacada do mundo da língua e da literatura elixirá aos gañadores desta IV edición.

1 Modalidade de microrrelatos

Categoría A: 5º e 6º educación primaria
Categoría B 1º e 2º de ESO.
Categoría C: 3º e 4º de ESO.
Categoría D: bacharelato e ciclos formativos.

2 Modalidade de micropoesía

Categoría A: 5º e 6º educación primaria
Categoría B 1º e 2º de ESO.
Categoría C: 3º e 4º de ESO.
Categoría D: bacharelato e ciclos formativos.

3 Modalidade de microteatro

Categoría D: bacharelato e ciclos formativos.

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …