O Concello de Cabanas convida ás familias a un Obradoiro gratuíto de Ioga

Instante de una sesión – AFAL Ferrolterra

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza este venres, 24 de novembro, un Obradoiro de Ioga en Familia. A acción forma parte do programa municipal “Tempo de Familias: Compartindo Experiencias”, e vai dirixida ás nais, pais, avoas, avós, persoas coidadoras en xeral e nenos e nenas. Desenvolverase en horario de tarde na antigua casa consistorial.

A entrada é gratuíta e libre, aínda que se require de inscrición previa. Para isto, cómpre chamar ó teléfono 981 49 59 59 extensión 6 ou no correo servizos.sociais@cabanas.gal. Así, establécense dúas quendas: de 16,30 a 17,30 horas para as familias con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos e de 17,30 a 18,30 horas para aqueles e aquelas de 6 a 12.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …