A compañía Ilmaquinario Teatro e a banda de música infantil Mamá Cabra actuarán esta fin de semana no Pazo

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos. Na xornada do sábado, día 25, a compañía Ilmaquinario Teatro porá en escena a obra Resaca, enmarcada no xénero do teatro contemporáneo, e o domingo, día 26, será o turno de Mamá Cabra, co espectáculo A festa continúa. As entradas para ambos eventos están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-.

A obra Resaca comezará ás 20.00 horas e diríxese ao público adulto. O teatro, a poesía, a narración oral e a música en directo combínanse á perfección neste espectáculo durante case hora e media. O protagonista desta peza é Álex, un rapaz que pertence a unha xeración que segue a buscar un lugar nun mundo en crise e en constante transformación. Cinco persoas interpretan a outros tantos personaxes, que se sirven das súas propias vidas para a materia escénica. O prezo das entradas para este espectáculo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

O domingo Mamá Cabra presentará un novo espectáculo en gran formato, no que a compañía realizará un percorrido a través do que o público coñecerá a súa historia e as súas mellores cancións. A festa continúa é o título desta proposta, que dará comezo ás 18.00 horas no Pazo, e se dirixe ao público familiar e infantil (a partir de 5 anos). O grupo de música infantil Mamá Cabra regresa a Narón cun espectáculo no que amosa unha parte do seu intenso traballo, que o consolidou como unha banda de música infantil de referencia con milleiros de siareiros. O prezo das entradas para este espectáculo é de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

Lea también

El concello de Ortigueira convoca el II Concurso de fotografía «Ortigueira nunha foto»

Tras la gran acogida de la primera edición, el Concello de Ortigueira, a través de …