Valdoviño inviste máis de 23.000 euros na incorporación de LEDs ó alumeado público

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño procederá á renovación do alumeado público na zona do Carballal e Avenida Areeiros –ata a igrexa de Santa Eulalia- por outro LED de baixo consumo. Unha intervención orzamentada en 23.159,40 euros coa que se pretende un triple obxectivo: protección do medio ambiente; menor consumo e por tanto unha rebaixa na factura eléctrica, e mellora da iluminación dos viais para a circulación de peóns e vehículos. O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte o anuncio de licitación do proxecto, que se financiará con cargo ó Plan Provincial de Medio Ambiente (PMA) da Deputación.

Esta intervención, que comprende traballos complementarios como a revisión dos cadros para o cumprimento do actual Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión, súmase a outras actuacións levadas a cabo polo Concello nos últimos meses. A última, a substitución de lámpadas na Avenida de Valdoviño ó seu paso pola Porta do Sol.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …