O BNG de Narón celebra os avances no centro de saúde, un servizo fundamental para a veciñanza do concello

O Bloque Nacionalista Galego de Narón considera que a presentación do proxecto do futuro centro de saúde de Narón é unha “gran noticia para o concello” ao ofrecer á veciñanza do municipio un servizo máis acaído á realidade social e demográfica do concello nas dúas últimas décadas.

É un proxecto que quería desde hai moito tempo a inmensa maioría da cidadanía de Narón”, sinala o Consello Local da organización nun comunicado, “e por iso temos que parabenizarnos de que avance até converterse nunha realidade”.

A organización nacionalista lembra que este non era o modelo que quería inicialmente o BNG, que avogaba por dous centros -o actual e mais outro de menor tamaño ca o presentado hoxe noutra das zonas urbanas do municipio-, mais esa proposta foi finalmente derrotada pola maioría do pleno en 2008 e, polo tanto, “cómpre, como fixemos no seu momento, aceptar que ese era o proxecto que quería a maioría da veciñanza de Narón e así o demostramos cunha recollida de sinaturas urxindo a acelerar o proceso”.

O BNG considera que os avances na construción do centro de saúde son un exemplo máis de que a colaboración entre administracións é clave para botar a andar proxectos de envergadura para os concellos e animou a que ese traballo conxunto se prolongue nos vindeiros meses para evitar que se incumpran os prazos de licitación e execución da nova infraestrutura.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …

Un comentario

  1. No querían el centro de salud y ahora se congratulan…. estos del BNG!