Cabanas pecha o calendario de xuntanzas veciñais sobre os orzamentos este mércores no local social de Lavandeira

Reunión en San Martiño – Concello de Cabanas

Tralo seu paso polas diferentes parroquias do municipio, o Concello de Cabanas convoca mañá mércores a última xuntanza veciñal sobre os orzamentos para o próximo exercicio. Terá lugar no local social de Lavandeira e, como é habitual, dará comezo ás 20 horas con entrada libre.

Será esta a quinta e última dunha serie de reunións que arrancaban no mes de outubro como paso previo para a elaboración do documento maestro do Concello para o 2018. O obxectivo, segundo explica o alcalde, Germán Castrillón, é recabar as propostas e suxerencias de veciños e veciñas, especialmente no capítulo de investimentos, de modo que se facilite a participación cidadá.

Unha iniciativa que arrancaba en 2009 e se vén reeditando ano tras ano dende entón.

Lea también

La Xunta colabora con el concello de Cariño para acondicionar el pabellón municipal cerrado desde hace casi dos años

La alcaldesa de Cariño, Ana María López, y el vicepresidente de la Xunta de Galicia, …