O local social das Viñas acolle luns unha nova xuntanza veciñal sobre os orzamentos de Cabanas

Reunión en San Martiño – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas organiza este luns unha nova xuntanza veciñal para recabar as propostas e suxerencias dos veciños e veciñas de Cabanas para os orzamentos municipais do próximo ano, paso previo á súa elaboración. Nesta ocasión, celebrarase na parroquia de Cabanas e, máis concretamente, no local social das Viñas. Comezará ás 20 horas e a entrada é libre.

Dende o Concello anímase a participar na iniciativa, que se vén celebrando dende o ano 2009 e coa que se busca atender as demandas sociais, especialmente no capítulo de investimentos.

O calendario de xuntanzas pecharase o 8 de novembro, coa prevista no local social de Lavandeira.

Lea también

Se invirten 1,5 M€ en obras de mellora enerxética en oito edificios de Ferrolterra en 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto á directora territorial da Consellería …