Arranca o curso de formación en técnicas de froitocultura do Concello de Cabanas

Curso de froitocultura – Concello de Cabanas

Un total de 21 veciños e veciñas de Cabanas e tamén doutros municipios da comarca participan dende esta semana no Curso de Formación en Técnicas de Froitocultura que organiza o Concello a través da Concellería de Educación e Cultura. O salón de plenos da casa consistorial acolle as sesións, que arrancaban onte pola tarde. Celebraranse todos os xoves en horario de tarde, de 18 a 20 h, e prolongaranse ata o próximo 25 de xaneiro.

Tempo no que os participantes poderán aprender todo o necesario para o cultivo de froiteiras, as súas variedades, coidados, enxertos, enfermidades e tratamentos fitosanitarios ou tarefas de poda.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …