O BNG oponse a proposta do PP de rebaixar o IBI

(Foto: Galicia Ártabra).

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol sinala nun comunicado que » se opón a proposta do PP de rebaixar o IBI no Concello de Ferrol por ser unha proposta demagóxica e quere denunciar o comportamento cínico do goberno local que no canto de evitar que esta proposta se leve adiante, no canto de traballar por unha fiscalidade progresiva na cidade, por revertir a fiscalidade abusiva imposta polo PP no anterior mandato e traballar para que aquelas institucións e adminsitracións que non pagan o IBI empecen a facelo, permite que se poida aprobar unha proposta que non vai beneficiar aos que menos teñen.

Compensar o catastrazo

BNG considera «un absoluto despropósito e un comportamento hipocrita que o goberno municipal, que di que esta en contra desta medida xénerica proposta polo PP, permite que se introduza como un punto da orde do día do pleno ordinario, permitindo que o PP e o PSOE poidan aprobala». O BNG cre que «é absolutamente demagóxico que o PP despois de obrigar aos veciños e veciñas de Ferrol a ter que asumir un «catastrazo» aplicado con carácter retroactivo pretenda compensar a aprobación dese «catastrazo» cunha rebaixa xenérica do IBI que non ten en conta nin a renda dos propietarios e propietarias, nin o valor patrimonial das edificacións sobre as que se aplica o imposto nin as actividades que desenvolven. Indicar asi mesmo que pese a que se aprobou unha mocion que evitaba a aplicación do carácter retroactivo do catastrazo na cidade esta medida non chegou a efectivizarse».

As edificacións de Defensa

«A proposta do PP faise nunha cidade como Ferrol na que existen Institucións, empresas públicas, grandes edificacións e inmobes que estan exentos e que non pagan o IBI. Referimonos as edificacións do Ministerio de Defensa que ocupa o 20% de solo urbano e que non paga un só euro por elas, ou edificacións vinculadas ao Ministerio do Interior. Ademais das vinculadas a estes Ministerios, temos entidades ás que deberian cobrarselles este imposto, as propiedades desafetadas de Defensa que teñen a obriga legal de pagar, propiedades da igrexa que non estan afectas ao culto ou propiedades da Xunta de Galiza como o anuncio que se ten feito por parte da mesma, que parece que o goberno local acepta, como é que o centro hospitalario de Ferrol estea eximido do pago do IBI.

«Desde o BNG consideramos que non se debe facer un debate falso sobre unha rebaixa fiscal xenérica que obviamente non é progresiva senón mais ben regresiva. Lembrar que nesta cidade existe unha carencia estructrural de ingresos dos que comparativamente con outras cidades similares a esta, como Pontevedra, limita moito a actividade economica, de xestion e de prestación de servizos por parte desta administración local. Nun contexto tan complexo e deficitario como este pola carencia de ingresos nunha cidade como Ferrol, que se faga un debate sobre a política fiscal dunha maneira tan demagoxica, falsa e co único obxectivo de lavarlle a cara ao anterior goberno do Partido Popular que impuxo unha política fiscal baseada no incremento de todas as ordenanzas fiscais existentes e sobre todos os servizos deste concello para o BNG é inadmisíbel.?» remata o comunicado.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …

2 comentarios

  1. Como no, en contra de todo. Os do NON. Pero lo mejor de todo, es la maniobra antidemocrática que preteden: que NO se pueda debatir. Esto es el colmo ya!

  2. Os bloqueiros coma sempre opoñéndose a todo, pero resulta máis extrano que algo beneficioso para os veciños non o apoien, simplemente porque foi unha proposta do PP. O de este partido en extinción xa non ten remedio…