Copa do Mundo en Huelva para as mulleres do Triatlón Ferrol

Inés Santiago no mundial sub-23 – ITU Media/Wagner Araujo

Catro das internacionais do Triatlón Ferrol tomarán a saída na Copa do Mundo de Huelva deste domingo. Camila e Melina Alonso, Inés Santiago e Ana Carvajal aspiran a escalar posicións na clasificación mundial.

A mellor posicionada é unha Camila Alonso, 78ª, con ganas de resarcirse da discreta natación que puido facer no Mundial sub-23. Como ela, Inés Santiago chega á proba recuperándose do cansazo da cita de Rotterdam e, como sub-23 de primeiro ano, disputando aínda o seu terceiro tríatlon de distancia olímpica. Pola súa banda, Melina Alonso regresa á palestra internacional despois do top-5 logrado na Copa de Europa de Altafulla do mes de xullo. E a máis nova, a junior Ana Carvajal, despois de colgarse o bronce absoluto no campionato andaluz da pasada fin de semana, afronta con ilusión a que será a súa primeira Copa do Mundo.

A saída feminina da Copa do Mundo de Huelva terá lugar este sábado ás 9:00 horas nun percorrido de 1.500 metros de natación en dúas voltas, 20,5 km de ciclismo e 5 km finais de carreira a pé.

Lea también

Adjudicada la dirección de obra de la reforma de los campos de fútbol de Caranza

La junta de gobierno local de Ferrol continúa avanzando en las próximas actuaciones, como es …