(Xosé Ferreiro) Este mércores á tarde-noite disputouse no Pavillón da Fraga de As Pontes o primeiro Trofeo de Baloncesto Feminino, organizado polo Concello pontés, coa colaboura do CB As Pontes.
Enfrontábanse o Star Center Uni Ferrol, brillante semifinalista da Liga Feminina a campaña pasada, e o Ensino de Lugo, décimo clasificado da Liga Feminina 2.
As de Lino López foron tomando a lóxica distancia de por medio co paso dos respectivos cuartos, que tiveron uns parciais de 17-12, 40-30 (descanso), 57-40 e 81-51.
As máximas anotadoras do encontro foron as canadienses Rachael Vanderwaal (28), que anotou máis dun terzo dos puntos do seu equipo, e Jamie Scott (15).
Como xa fixeran no Campus de Baloncesto, grandes figuras do baloncesto feminino pasaron por As Pontes, como a Campiona de Europa este verán coa Selección Española Absoluta, a gaditana Bea Sánchez, a Campiona de Europa Sub20 hai uns meses en Portugal, e MVP do torneo, a viguesa María Pérez Araujo, ou Marina Delgado, triple Campiona Europea en categorías inferiores, Sub16 Polonia 2008, Sub18 Suecia 2009 e Sub20 Hungría 2012, entre outras.
No evento amenizado por Xalo Maira e arbitrado por Laura Piñeiro e Carlos Cortés, xogou o Universitario con Natalia Rodríguez (8), Bea Sánchez (5), Ani Calvo (8), María Araújo (2), Rachael Vanderwaal (28) – cinco inicial – Paula García, Jamie Scott (15), Patri Cabrera, Danna Villar, Marina Delgado (8) e Carmen Fernández (7).
Por parte do Ensino de Lugo, Sara Cuíña, Rocío Varela (2), Fiona O´Dwyer (13), Regina Gómez (12), Alicia Villegas (4) – cinco inicial – Esther Castedo (8), Nuria Domingo (5), Marina Canzobre (7), Xiana González, Margarita Moreira, Raquel Asensio e Jordynn Gaymon.
Ó remate do encontro entregaron os trofeos a campión e sucampión e un recordo para cada xogadora, o alcalde Valentín González Formoso, o concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e o presidente do CB As Pontes, Juan Eladio Pico.
Viron o partido uns 250 espectadores, moitos rapaces e rapazas das categorías inferiores do CB As Pontes, que xogaron un partidiño nos 10 minutos que durou o descanso.