AFAL celebra este venres a súa Cea Solidaria no marco do programa de actos do Día Mundial do Alzhéimer

Visita de Saínza Ruíz – AFAL

Os actos do Día Mundial do Alzheimer organizados por AFAL continuarán mañá venres, 22 de setembro, coa súa tradicional Cea Solidaria, á que confirmaron asistencia unhas 130 persoas. Unha actividade que a asociación organiza dende practicamente os seus inicios, hai dúas décadas. Nesta ocasión, a presidenta de AFAL, Ana María López, sinala que terá lugar no Asador Gavia do Hotel Carrís Almirante de Ferrol, a partires das 21,30 horas. Arrancará cun photocall no que os asistentes poderán sumarse á campaña en redes sociais #RecordaQuenSon e, de seguido, principiará a cea.

Grazas á colaboración de diversas firmas comerciais da cidade e da comarca, haberá sorteo de agasallos, momento que precederá ó baile co que se pecha a Cea. Nesta ocasión, e un ano máis, amenizada polo grupo Los Zares, colaboradores habituais de AFAL. Así mesmo, os maiores que acuden ós centros de día xestionados por AFAL na cidade están a preparar os agasallos cos que se obsequiará ós asistentes.

Visita da concelleira de Benestar Social de Ferrol

Hoxe, Día Mundial do Alzheimer, a concelleira de Benestar Social de Ferrol, Saínza Ruiz, visitaba ó Centro de Día Terapéutico da asociación (na rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). Era recibida pola presidenta, Ana María López; a directora asistencial, Noelia Ríos, e o director de Administración, José Otero. Xuntos percorreron as diferentes estancias e repasaron as terapias e servizos que presta AFAL para persoas afectadas de alzhéimer e as súas familias. Neste, e no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer de Ferrol (ubicado na antiga Casa do Mar). Así mesmo, a concelleira tamén asistiu a algunha das terapias que nese momento se estaban a realizar nas instalacións, como Estimulanet –co apoio da Obra Social La Caixa- e Musicoterapia.

A edil reiterou o apoio a AFAL por parte do Concello de Ferrol, que mantén un convenio de colaboración para o financiamento do programa Terapias en Sociedade.

Pola tarde, a consistorial ferrolá iluminarase de cor lila simbolizando a loita contra a enfermidade.

Lea también

El Área Sanitaria de Ferrol licita la compra de un ecocardiógrafo para el servicio de cardiología

La Plataforma de Contratos de la Xunta de Galicia publica este martes, día 2 de …