O local social das Viñas acollerá dende o martes o programa Envellecemento Activo

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas retomará o vindeiro martes, 26 de setembro, o programa Envellecemento Activo. Un proxecto, impulsado pola Concellería de Servizos Sociais e financiado pola Deputación provincial da Coruña, co que se busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais.

As sesións celebraranse os martes, de 11 a 12,30 horas no local social das Viñas e a asistencia é gratuíta. Iso si, é necesario inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamar ó teléfono 981 49 59 59 ext. 2.

Así mesmo, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que desplazará os maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuito.

Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica. Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …