Viaxes en coche eléctrico este venres no paseo da Madalena para comprobar as súas vantaxes sobre o medio ambiente

Conducir un vehículo eléctrico para comprobar en primeira persoa os beneficios que este medio de transporte ten no medio ambiente é a proposta que fai este venres o Concello de Cabanas a veciños e visitantes. Aqueles que o desexen poderán montarse e guiar nun dos tres coches eléctricos que a Concellería de Medio Ambiente pon á súa disposición no paseo da Madalena entre as cinco e as oito da tarde. Iso si, estarán acompañados de especialistas neste medio de transporte “verde” que ofrecerán as explicacións oportunas sobre o seu funcionamento, ó tempo que resolverán as súas dúbidas.

A xornada é posible grazas á implicación de firmas como Nissan, Mercedes Benz ou BMW. Un xeito diferente de amosar os beneficios para o medio deste tipo de vehículos. Entre eles, non depender de combustibles fósiles ou ter nulo impacto acústico e cero emisións á atmósfera.

Superadas as limitacións en canto a autonomía e potencia coas que naceu, trátase dunha opción ecolóxica que día a día gaña usuarios. Así mesmo, a ese respecto medio ambiental súmanse tamén factores positivos para o propietario, como o aforro económico respecto a aqueles que precisan de combustible e o menor mantemento.

Así mesmo, lémbrase que este tipo de vehículos contan en Cabanas cunha bonificación no imposto de rodaxe do 25%.

Lea también

Neda abre inscripción en un taller gratuito sobre el manejo de la plataforma digital ebibliodacoruna

La Casa de la Cultura de Neda ofrece un taller presencial el martes 12 de …