A nova resonancia magnética do CHUF xa está operativa

A nova Resonancia Magnética Nuclear (RMN) xa está activa no Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Incorporouse ó Complexo esta nova parataxe de 1,5 Teslas, que substituíu á anterior, que tiña 1 Tesla. Quedou emprazada no mesmo lugar, no Servizo de Radiodiagnóstico, no andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide, tras realizar as obras e adaptacións necesarias para incorporar a nova.

Estas intervencións precisas para situar a nova Resonancia Magnética Nuclear foron demolición, albanelería, pavimentos e blindaxe, entre outras cuestións; prolongáronse dous meses, como estaba previsto. Ofrecer este novo servizo supuxo un investimento de preto de un millón de euros.

Esta nova Resonancia implica realizar estudos cunha imaxe de moita maior calidade en menos tempo, ademais de incorporar estudos máis complexos. A Resonancia Magnética é unha proba de imaxe para facilitar o diagnóstico de moi diversas patoloxías, neurolóxicas, musculoesqueléticas, de mama ou abdominais; os dous primeiros grupos, enfermidades neurolóxicas e musculoesqueléticas, son as máis habituais.

Este dispositivo actúa cun imán ou campo magnético que, ó aumentar a 1,5 teslas, permite maior definición da imaxe; e isto implicará facer tamén novas técnicas máis dirixidas, como por exemplo, a resonancia de próstata ou cardíaca, que agora se criban con outras metodoloxías diagnósticas. Na Xerencia Integrada de Ferrol, realízanse ó redor de 8.000 Resonancias Magnéticas ó ano.

Como indica o especialista en Radioloxía, José Carlos Gallego Ojea, a “experiencia coa nova máquina xa amosa unha enorme melloría para o diagnóstico; e a calidade da imaxe é infinitamente superior”. Ademais, tamén implica maior comodidade para o paciente, pois a máquina nova é máis silenciosa e máis confortable, adaptada á ergonomía do paciente.

Outra das vantaxes que subliñan dende Radiodiagnóstico, é que vai ampliar a capacidade investigadora do Servizo, “agora xa facemos estudos e participamos en investigacións, pero esta Resonancia permite recoller uns parámetros máis amplos e implicará participar nun maior abano de traballos de investigación”, engade.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …