O Concello de Cabanas pon a disposición da veciñanza un servizo semanal de recollida de enseres

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas lembra, ante a proliferación de enseres en diferentes puntos da vía pública, que a veciñanza dispón dun servizo semanal de recollida de voluminosos. Así, realiza viaxes todos os martes do mes polas diferentes parroquias do municipio. As persoas interesadas en recurrir ó servizo tan só teñen que depositar os seus enseres no colector máis próximo a partir das 20 horas do martes. En horario nocturno, os camións encargados da recollida realizarán o seu traballo.

O Concello lembra que a veciñanza pode depositar os mobles, sofás ou pequenos electrodomésticos dos que desexen desfacerse.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …