O BNG sinala que a política de festas entre o PP e FeC é equiparable

O PP iniciou unha viaxe no tempo ao longo do anterior mandato cara o s. XX na súa programación para as festas da Cidade do que este goberno non quere saír como se vivisen nunha especie de bucle temporal.

Se cando goberna o PP os espectáculos que se achegan á Cidade son os mesmos que cando goberna FeC sexa co PSOE ou en solitario.

Absorvidos polo burato negro dos anos 80 no que semella que fican acorados tanto o actual goberno como o PP, e do temos exemplos evidentes como Rosario neste 2017 que en 2012 xa actuou en Ferrol ou Loquillo cabeza de cartaz nas festas de 2016 pero que o PP xa trouxera en 2013.

Se os problemas administrativos e de contratación das infraestruturas como os palcos para uns eventos como son as festas de verán son similares cando goberna o PP e cando goberna FeC.

Xa que a pesar de desenvolverse todos os anos e nas mesmas datas o PP decidiu facer estes contratos pola vía de urxencia con todos os problemas que eso supuxo e este goberno decidiu instalar as infraestruturas sen ter formalizado eses contratos e convocou unha xunta de goberno tamén urxente.

Quizais sexa porque as diferenzas entre a política nesta área do PP e a do actual goberno é equiparable.

Para o BNG estas prácticas evidencian que tanto no fondo como nas formas as similitudes no desenvolvemento destes eventos entre o anterior mandato e este son moitas.

E xa que no esencial non hai vontade política por mudar a orientación duns actos que deberían ser o espello da capacidade cultural e de produción de artistas galegas e galegos do s.XXI e non o reflexo esvaecido de artistas do s. XX que semellan máis unha lembranza dos anos mozos dos gobernantes actuais e do mandato anterior,» desde o BNG solicitamos a este goberno que cando menos corrixa as formas e resolva os problemas adimnistrativos e de contratación das infraestruturas necesarias para o desenvolvimento destas festas. Porque obviamente sabemos hoxe 23 de agosto de 2017 a data en que se desenvolverán as festas de verán de 2018 como xa sabiamos en 2016 as datas en que se celebrarían as festas de verán de 2017 e que se sigan contratando polo vía da urxencia como no mandato do PP supón reproducir as mesmas prácticas sen que se de ademais ningunha explicación e sen que exista unha causa que o xustifique».

Lea también

Ferrol destinará más 345.000 euros en la segunda fase de las aceras en el camino del cementerio de Serantes

El plan de barrios del Concello de Ferrol se está realizando durante esta semana en …

Un comentario

  1. Perfecto Vilela

    Apareceu o pan! Después de todo un verano calladito, resurge Rivas con su Benegá. Como no, con sus equidistancias, a ver si cuela. Que pesaooo!!