Versións de Aretha Franklin ou Steve Wonder da man da banda de soul Black este venres no entorno da Frouxeira

Black en concerto – Dabú Fotografía

A prestixiosa banda de soul Black ofrecerá este venres, 25 de agosto, un concerto no entorno da praia da Frouxeira. A súa actuación virá precedida da do grupo local Rock Atios, que se subirá ó escenario ás 22 horas para actuar como teloneiros. A entrada ó espectáculo é de balde e, posible, grazas á colaboración económica de Abanca e a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Black comeza a súa andadura no ano 2014 cun formato acústico de guitarra e voz que versiona grandes éxitos da música negra. Ese formato dá lugar a que o proxecto se asente y se dé a coñecer en multitude de espazos. A finais de 2015, o proxecto Black crea un novo formato chamado bigstage formado por nove talentosos músicos que levan ós escenario un potente directo no que versionan a grandes artistas como Aretha Franklin, Otis Redding ou Steve Wonder.

Black achega así ó público a música Soul, a esa música de voces negras que alimentan o alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, so podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …