II Ruta Cicloturista para toda a familia este sábado no Concello de Cabanas

Cartel do evento – Concello de Cabanas

Por segundo ano consecutivo, e tralo éxito de convocatoria do pasado verán, o Concello organiza a Ruta Cicloturista de Cabanas. Será este sábado, 26 de agosto, e está aberta á participación de toda a familia. Nenos e maiores poderán tomar parte, con percorridos adaptados ás idades. O primeiro, duns 19 kms, está pensado para maiores de 8 anos e comezará ás 17 horas e, o segundo, de 2,5 kms –treito final do primeiro- vai dirixido a todas as idades e arrancará ás 19 h. Para a organización da ruta, o Concello conta novamente coa colaboración da SCRYD San Mamede de Laraxe, cuxa sede será punto de partida e chegada. Tamén a AVV de Santa Cruz presta o seu apoio en tarefas loxísticas.

É gratuíta e ten un marcado carácter solidario, xa que para participar haberá que entregar un mínimo de dous quilos de alimentos que terán como destino o Banco de Alimentos de Cabanas. Iso si, é preciso inscrición previa. Pode formalizarse na casa consistorial ou na SCRYD San Mamede de Laraxe.

Xincana infantil ó remate da ruta

Será obrigatorio o uso do casco e, ó remate da ruta, os participantes máis novos poderán participar nunha xincana no local da SCRYD San Mamede, pensada especialmente para o disfrute dos máis pequenos, que recibirán unha medalla en caso de completala.

Lea también

Se inicia una nueva temporada para el equipo inclusivo del Racing Club Ferrol

  El equipo inclusivo del Racing Club Ferrol arranca este fin de semana su concurso …