“Ilusións ópticas” este domingo no parque da Frouxeira co Mago Romarís

Playa Frouxeira.

O programa “Escenarios Paralelos” regresa este domingo ó parque da praia da Frouxeira cunha novidosa proposta de maxia, “Ilusións Ópticas”, a cargo do Mago Romarís. Dirixido ó público familiar, desenvolverase entre as 16,30 e as 20,30 horas con entrada de balde. E, en caso de choiva, o espectáculo trasladaríase á Casa da Cultura. Hologramas, anamorfosis, paradoxas… porán a proba o inxenio de cada participante, xa que se por algo se caracteriza o Mago Romarís é por interactuar co público. Invitarao a coñecer e descubrir o porque e o como das súas fabulosas e fascinantes Ilusións Ópticas. E, sobre todo, o público sentirase protagonista nestas experiencias nas que se porá a proba o seu sentido visual.

Co programa “Escenarios Paralelos”, o Concello de Valdoviño busca sacar á rúa as súas propostas culturais e, especialmente, dar a coñecer emprazamentos únicos do municipio. Así mesmo, conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.

Lea también

Belém Tajes, gañadora da gala final do Premio Narf 2025

Belém Tajes resultou gañadora, con 4.000 euros de premio, nunha gala final que tivo lugar …