Esta mañá a Concelleira de Medio Rural Rosa Méndez, o presidente da AVV Castelao de Brión Jose Oreona Pita, e Xulio Vázquez de Secret Galicia presentaron unha nova edición das Festas de Brión coa xa tradicional representación da batalla nos Montes de Brión.
O presidente da AVV de Castelao de Brión explicou que o día 27 de agosto “sairá unha lancha do peirao de Curuxeiras ás 10.00 h cara San Felipe que será de balde” e que como “xa dende hai 28 anos terá lugar a Marcha polos Montes de Brión, cunha ruta de sendeirismo de 12 kms. A batalla comezará no encontro nos montes entre os ingleses e os defensores que sairán do Local Social de Brión ás 12.00 h facendo unha ruta de 3,5 kms”.
Ademais o día antes o sábado 26 de agosto no Castelo de San Felipe haberá dende ás 10.00 h da mañá ata ás 20.00 h. distintas actividades como concertos, visitas teatralizadas, chamadas á batalla, arriado do pavillón, e tal como indicou Xulio Vázquez “viviráse unha xornada onde haberá recreacións históricas e ambientación musical todo o día con servizo de hostalaría e xantar a prezos populares”.
Para facilitar a asistencia a estas actividades haberá un servizo de lancha que fará unha parado do peirado de San Felipe. Os horarios de saída do Porto de Curuxeiras serán 12.00 h e 17.00 h e de volta dende San Felipe 17.15 h e 20.30 h cun prezo de 7€.
A concelleira do Medio Rural Rosa Méndez recalcou a importancia destas actividades “para dinamizar e revitalizar o medio rural neste caso San Felipe, como por outra banda poñer en valor e contextualizar un recurso como o Castelo de San Felipe”.
Pocos km de ruta, esta debería de ser desde Ferrol por senderos , y vuelta en lancha, veo poco sacrificio en la representación.
Le dan el dinero a Ti e Máis Eu, para hacer una representación en el castillo y a los que van a caminar ni les llevan las mochilas en un coche hasta Cha de Brión y cuando llegan a Monteventoso, tienen que sentarse entre cagadas de caballo