Este verán o baloncesto toma a rúa co 1º Torneo Cidade de Ferrol

Instante da presentación – Concello de Ferrol

Esta mañá en rolda de prensa o concelleiro de Deportes Suso Basterrechea xunto a Carlos Cotovad e Miguel Niebla presentaron o 1º Torneo Cidade de Ferrol, que consistirá nun torneo de baloncesto 3×3 na Praza do Inferniño con distintas pistas e categorías.

Esta iniciativa é organizada polo Club Baloncesto Costa Ártabra en colaboración co Concello de Ferrol, algo que subliñou o propio Suso Basterrechea. Así mesmo o concelleiro de deportes tamén destacou que “son unhas datas ideais inmersos nas festas de verán da cidade e nunha das prazas emblemáticas da cidade e que será unha xornada que aúne deporte e festa”.

Por outra banda Carlos Cotovad sinalou que “ademáis do torneo e do concurso de triples con máis de 1000 € en premios, haberá hinchables, música e actividades para grandes e pequenos”. Miguel Niebla pola súa banda subliñou “que haberá distintas categorías: absoluta masculina, absoluta feminina, sub16 masculina, sub 16 feminina e sub 12 mixta” e a dinámica será “nunha modalidade de liguilla cunha fase previa”.

Para este torneo haberá na Praza do Inferniño 6 pistas de Baloncesto 3×3, 4 de baloncesto e 2 de minibasket, ademais de escenario de Djs, botiquín, hinchables e outras actividades de lecer.

Este torneo terá lugar entre os días 25 e 26 de agosto (ampliable o día 27 en función do volume de inscrición). A inscrición pode ser a través da páxina web www.cbbcostaartabra.es ou presencialmente no establecemento La Pajarita de San Andrés, ata o 23 de agosto. O custe será o seguinte:

Absoluta Masculina y Femenina: 36€ equipo (9 euros por jugador)

Sub16 Masculina y Femenina: 16€ equipo (4 euros por jugador)

Sub12 Mixto: Gratuito.

Cada equipo estará formado por un máximo de 4 xogadores/as e o custe polo tanto dependa da categoría. A inscrición da dereito a un mínimo de 3 partidos, a posiblidade de participar en concursos, auga en todos os partidos, e desconto no xantar na Pizzería Rincón Arxentino ou hinchable para sub12.

Os premios son en metálico para categorías absoluta, premios en material deportivo para categoría Sub12, trofeos para os dous gañadores de cada categoría.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …