Na praia da Madalena viviuse durante a xornada do domingo un permanente ir e vir de palistas e curiosos. Uns 250 deportistas, pertencentes a 24 clubs, participaron no Campionato Galego de Kaiak de Mar e SUP Absoluto, organizada polo Cabanas KDM e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia. O bo tempo facilitou un amplo seguimento das regatas dende o areal, aínda que a presenza de vento fixo especialmente dura as travesías.
Por clubes, o Mar ría de Aldán- Irmáns Gandón proclamouse campión galego na categoría masculina, en tanto que o Club de Piragüismo olívico fíxose co trunfo na feminina.
No que atinxe ás probas individuais, na modalidade tradicional trunfaron José Manuel Sánchez (senior), e os veteranos Alfonso Rivas e Marta Rodríguez. Ao sprint lideraron as súas clasificacións: Enrique Pérez (cadete); Felipe Dobarro e Manuel Rivas (k-2 cadete); Miguel Ángel Liñayo (xuvenil); Martín Prado e Arturo Barreiro (K-2 xuvenil); Adrián Carpente (senior); Bernardo Sánchez e Sergio Paz (K-2 senior); David Loeda (veterano A); Jesús Fernández (veterano B); David Caride e José Mª Piñeiro (K-2 veterano); Clara Torres, (cadete); Alicia Segovia e Estrela Campos (K-2 cadete); Antía Naveiro, (xuvenil); Sarah Miguel e Andrea Galego (K-2 xuvenil); Rut Otero (senior); Laura Ares e Cristina Pérez (K-2 senior); Jéssica Moledo e José Ángel Besada, (K-2 senior mixto); María del Palacio (veterana A) e Araceli Menduiña, (veterana B).
Finalmente, na categoría SUP, gañaron Aarón Castro (cadete) e Daniel Mourelos (xuvenil); e co campionato galego infantil fixéronse Abel Fernández e Carme Devesa.