Este venres comeza a Feira Medieval de Ferrol no barrio de Ferrol Vello

Suso Basterrechea na presentación da Feira Medieval – Concello de Ferrol

Esta mañá o concelleiro de Turismo e Festas Suso Basterrechea presentou o programas da nova edición da Feira Medieval que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto de 2017 e que contará “cun programa dos máis completos dos últimos anos” tal e como subliñou o concelleiro.

A Feira terá o seu pistoletazo de saída o vindeiro vernes ás 18.30 h co pregón que contará con Melina Alonso, campiona de España de Triatlón, aínda que o mercado medieval xa abrirá as súas portas con anterioridade, concretamente ás 12.00 h.

O concelleiro destacou “a calidade técnica da oferta deste ano” e “ que foi un concurso ao que se presentaron numerosas empresas e que resoltou escollida a empresa que segundo un xurado técnico conformado por funcionarios e técnicos especializados da súa área, a que presentou mellores características técnicas”.

Si destacou que conforme ao programa de Ferrol en Común e en coherencia co mesmo esta feira “non contará coa presenza de animais” pero que é unha edición “cargada de contido con todo tipo de actividades, obradoiros, pasarrúas, animación musical, xogos de armas, teatro entre outros reclamos”.

A feira contará con preto de 130 postos e con catro emprazamentos que serán a rúa da Igrexa onde estará o Campamento Medievel, a Alameda do Carbón a zona de expositores e obradoiros, a Praza Vella e a Rúa San Franciso. O horario da apertura será de 11 a 15.00 h e de 18 h a 24 horas. Ademais este ano a Feira contará cun Concurso de Vestimenta Medieval o sábado 5 e o domingo 6 ás 13.00 h con máis de 1000 euros en premios e vales – regalo.

Por último o concelleiro remarcou que dada a alta concentración de actividades nese mesmo fin de semana no Barrio de Ferrol Vello “o Concello habilitará aparcadoiros disuasorios, así como os desprazamentos gratuitos no Tren Turístico ademais do aparcadoiro do baixo do Mercado da Magdalena de balde” aínda así Suso Basterrechea recomendou “na medida do posible evitar o desprazamento no vehículo particular para achegarse este fin de semana a Ferrol Vello”.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …