Tres mulleres do Triatlón Ferrol, a polas medallas do Europeo sub-23

Inés Santiago en competición – Triatlón Ferrol

Camila Alonso, Inés Santiago e Carmen Gómez son catro das tres españolas convocadas para o Europeo sub-23 que se disputa esta fin de semana en Hungría.

Despois de ser 35º en 2016, a canteirá do Triatlón Ferrol, Camila Alonso, aspira a mellorar esa posición na súa última temporada como sub-23. A súa melloría tras lesión demóstraa o seu flamante título de campioa de España nesta categoría.

Como debutantes, Inés Santiago chega á cita ascendendo posicións no ranking mundial ata ocupar a 104ª praza e Carmen Gómez terá unha nova oportunidade de facerse valer en distancia olímpica, formato no que este ano se colgou o bronce na Copa de Europa de Gran Canaria.

As internacionais do Triatlón Ferrol tomarán parte o sábado na cita individual e dúas delas poderán ser chamadas para formar parte do relevo mixto que dispute o Europeo sub-23 do domingo.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …