Esta mañá o alcalde Jorge Suárez e o concelleiro de emprego Alvaro Montes, xunto a Secretaria xeral de emprego Covadonga Toca Carus, asistiron a entrega de diplomas e a clausura do Programa Intregrado de Emprego FERROL INSERTA 6. Este programa que formou a un total de 60 persoas desempregadas está dirixido á colocación no mercado de traballo a través dunha formación tanto teórica como práctica.
É un proxecto cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria que contou cun orzamento total de 130 532 € dos que 104 426 son procedentes da devandita consellería e 26 106 € son de contribución municipal
Este programa combina acción de orientación e información laboral, asesoramento para o autoemprego, formación ocupacional, e práctica laboral. Inclúe, ademáis actividades de prospección de empresas e intermedación laboral así como acción de favorecementos da mobilidade laboral. Este alumnos que hoxe recolleron o seu diploma tiveron unha formación de 12 meses dos cales un 40% tivo inserción laboral no mercado de traballo
Este tipo de programas son benefericiarias aquelas persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego. Neste proxecto colaboron 34 de empresas de Ferrol e comarca onde os alumnos realizaron as prácticas non profesionais en sectores tales coma alimentación, textil-calzado, hostalaría, garderías, asesorías, deportes, deseño gráfico-artes gráficas ou cooperativas entre outros sectores.
O alcalde Jorge Suárez así como o concelleiro de emprego Alvaro Montes lembraron que xa está en fase de solicitude o próximo Programa Integrado de Emprego Ferrol Inserta 7 e convidaron a Consellería a que Ferrol conte de novo con este proxecto de gran importancia, nunha comarca especialmente deprimida económicamente. Pola súa banda a Secretaria Xeral de Emprego subliñou o compromiso da Consellería de Economía, Emprego e Industria con Ferrol e a súa comarca.