Esta mañá en rolda de prensa o concelleiro de Emprego Álvaro Montes Celeiro anunciou que a solicitude cursada polo Concello de Ferrol para as axudas do Fondo Social Europeo (FSE) no ámbito de Garantía Xuvenil obtivo unha contía total de 369 794,48 € que se corresponde coa totalidade da contía solicitada dende o Concello.
Esta axuda irá dirixida ao proxecto de emprego FERROL EMPREGO XUVENIL que ademais da axuda antedita contará con 32 637, 20 € de achega municipal o que sumará un orzamento total de 404 431, 68 €. O concelleiro lembrou que este “ é un novo éxito que se suma a outros proxectos que presentou o Concello para subvencións e axudas de concurrencia competitiva como foron a EDUSI ou o Espazo Atlántico.”
Este proxecto está enmarcado ao abeiro da convocatoria 2017 de axudas do FSE previstas no PO de Emprego Xuvenil destinadas á integración sostible de persoas novas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. De conformidade coa resolución pola que se concederon estas axudas para o ano 2017 o obxectivo é articular ferramentas que permitan levar a cabo programas para o fomento do emprego xuvenil.
Álvaro Montes subliñou que “despois do verán un total de 75 alumnos poderán participar neste proxecto composto por 5 itinerarios formativos vinculados a sectores con maior oportunidade de xeración de emprego en Ferrol e a súa Comarca incidindo na formación de idiomas e novas tecnoloxías co obxecto de mellorar a empregabilidade deste colectivo”.
O sectores marco no que se van a desenvolver as accións formativas están vinculados cos sectores coma a Hostalaría, Comercio e actividades sociosanitarias e de servizos socias. Será despois do verán cando tanto a través da prensa escrita como da web do Concello difundiráse a información do comezo do desenvolvemento deste proxecto.
Solicitó 400.000 para Ferrol? Gran politica y plan de empleo, si señor. Santiago consiguió 1,5 MILLONES.