Recepción en el concello de Narón a los 7 niños saharauis acogidos por familias naronesas

Un grupo de sete nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia, chegaron o pasado venres Narón, donde os recibiron as súas familias de acollida. Os menores participan nunha nova edición do programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración con varias administracións, entre elas o Concello de Narón.

Na mañá deste xoves o alcalde, José Manuel Blanco, presidiu unha recepción oficial aos nenos e nenas que tivo lugar no Concello e na que tamén participaron representantes dos grupos políticos da corporación local, entre eles a edil responsable da área de Acción Social, que engloba este programa; da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e as familias de acollida. Blanco ea edil deron a benvida aos menores, entregáronlles uns agasallos e tamén os informaron da entrega dun vale por importe de 60 euros que xa está á súa disposición na Librería Galicia para que o poidan canxear por material.

En representación da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez destacou o feito de que este ano Narón é o concello da comarca que máis menores trae desde o Sáhara para participar neste programa, sete dos vinte e catro que chegaron a municipios da comarca, agradecendo a colaboración prestada desde o Consistorio.

Os nenos e nenas de 8 a 12 anos son os destinatarios desta iniciativa que se desenvolve grazas á participación das familias de acollida, tal e como subliñaron desde o goberno local. Ao respecto, o alcalde naronés deu as grazas a todas as familias de acolllida “porque sen a vosa colaboración”, incidiu, “por moita vontade que puxese o Concello non sería posible que estes nenos e nenas estivesen aquí”. Blanco valorou o traballo das familias e da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, ao “manter esa ilusión e realizar un gran traballo durante todo o ano para lograr que este programa continúe ano tras ano”. Así mesmo, asegurou que o Concello continuará colaborando con esta iniciativa na medida das posibilidades da administración local.

O Consistorio naronés colabora un ano máis –faino desde 1997- co programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que cada verán trae á comunidade a varios menores procedentes de Tinduf, para afastalos das elevadas temperaturas que se alcanzan no deserto arxelino durante os meses de verán. Os rapaces e rapazas teñen así a oportunidade de acudir ás pertinentes revisións médicas durante a súa estancia nos municipios galegos e tamén sensibilizan á poboación sobre a situación que atravesan as persoas que sobreviven nos campamentos de refuxiados de Tinduf.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …