José López Abella e Antonio Barro, vencedores do I Maratón de Dominó

Entrega de premios – Concello de Cabanas

A parella formada por José López Abella e Antonio Barro resultou gañadora esta fin de semana da primeira edición do Maratón de Dominó Concello de Cabanas. Unha competición na que tomaron parte 30 parellas e que arrancaba a mediados do mes de marzo no local social da AVV Santa Cruz. Dende ese momento, as partidas fóronse celebrando polos locais das diferentes sociedades do municipio –O Loureiro de Lavandeira, San Mamede de Laraxe e San Martiño do Porto-.

O alcalde, Germán Castrillón, foi o encargado de entregar o trofeo ós vencedores.

Lea también

Neda abre o prazo para inscribirse no festival de comparsas, arranque do Entroido 2026

En marcha os preparativos do Entroido de Neda. O Concello vén de publicar as bases …