O BNG censura a política de subvencións nominativas do goberno de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura que o goberno municipal asuma e amplíe o desenvolvemento da política de subvencións nominativas de xeito totalmente discrecional tal e como facía o anterior goberno do PP.

O BNG, diante das propostas levadas á comisión de Facenda esta mañá para ampliar e modificar as subvencións nominativas, considera que o goberno local desenvolve un reparto dos recursos económicos sen criterios obxectivos para que todos os colectivos da cidade poidan acceder a eles en igualdade de condicións e «asi atopámonos con que se chega a xustificar unha subvención nominativa por celebrar a Festa de San Xoán, cando esta celebración é desenvolvida por múltiples entidades por toda a cidade«.

O BNG lamenta que o goberno local continúe a desenvolver esta forma de repartir as axudas municipais porque «é inxusta e opaca, como xa expuxemos noutras ocasións«. É por isto que o BNG considera que se debería desenvolver unha nova forma de repartir as axudas municipais cunha forma de concorrencia competitiva transparente e xusta na que todas as entidades poidan participar en igualdade de condicións e non repetindo as mesmas bases que desenvolvía o PP «como aconteceu no último pleno«.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …