O Foro Cívico da Terceira Idade terá lugar o venres 7 no Antigo Hospicio

Cartel do evento – Concello de Ferrol

O vindeiro venres, 7 de xullo, ás 18:30h. terá lugar no Salón de actos do Antigo Hospicio (Rúa Méndez Núñez 11) a celebración do Plenario do Foro Cívico da Terceira Idade.

Esta reunión ten lugar trala celebración de varios encontros participativos que estiveron abertos á participación de todas as persoas interesadas en tomar parte. Así, contabilizan dende o Concello de Ferrol que arredor dunhas 120 persoas participaron xa nos mesmos, e deron a coñecer as súas opinións e propostas a respecto de cómo Ferrol pode ser un lugar de mellor calidade para as persoas máis maiores. Ademais, tiveron lugar entrevistas co persoal político e técnico, con entidades prestadoras de asistencia social e con asociacións veciñais.

O vindeiro venres corresponde a celebración do Plenario, a cal será unha ocasión para dar a coñecer toda a información recollida nos encontros participativos e detallar máis específicamente como dar resposta ás debilidades detectadas. Toda esta información servirá como guía para a continuidade do Foro Cívico da Terceira Idade, pois este mesmo día terá lugar a creación dunha Comisión Permanente deste órgano de participación. A integración na mesma está aberta a todas as asociacións, outras entidades ou persoas a título individual que o desexen.

Calquera dúbida ou aclaración sobre este evento pode ser consultada escribindo a participacion@ferrol.es

Lea también

El alcalde de Ferrol presidió el homenaje al personal funcionario municipal jubilado el último año

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, presidió este viernes 23 el acto …