Fene promociona o deporte en familia no «Día do deporte na rúa»

Edición anterior do Deporte na Rúa – Concello de Fene

A Concellería de Deportes de Fene anuncia para este domingo, 2 de xullo, a XXV edición do Día do Deporte na Rúa. A xornada, que incluirá múltiples actividades deportivas e de lecer para todos os públicos, desenvolverase de 10.30 a 14.00 horas na avenida do Tarrío, rúa San Salvador, pista polideportiva municipal de Perlío e pista do colexio Jorge Juan. No caso de choiva, trasladaríase ao interior do pavillón A Xunqueira de San Valentín.

Baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, rugby, fútbol, fútbol inchable, fútbol electrónico, slackline, actividades de loita (esgrima de foam por equipos), jugger (xogo de pelota e loita con armas simuladas), espazo artístico (pintadas, decora a túa camiseta), patinaxe en liña e acrobático, deportes de raqueta (tenis de mesa, bádminton, indiaka, shuttleball), circuito de karts a pedal, zumba e xogos musicais galegos (pingacho, carioca,…). Son algunhas das propostas que o Concello de Fene anuncia para este domingo, no marco do XXV Día do Deporte na Rúa.

Tamén haberá nesta edición espazos para a ximnasia artística, inchables, chave, obradoiro de chapas, voleibol xigante, obradoiro de circo, tiro con arco, atletismo divertido, xogos tradicionais galegos, obradoiro de enredos e xoguetes, xogos infantís (de construción xigantes, bloques, jengas, emparellados, puzle xigante), obradoiro de nutrición e bebidas refrescantes, obradoiro de valoración funcional (actiolimpiadas), etc.

Coma todos os anos, as persoas que participen en tres actividades, poderán coller a súa camiseta, até esgotar existencias (repartiranse 1100 camisetas)

Lea también

Be One renueva su compromiso con el Racing de Ferrol

La firma Be One ha renovado con el Racing Club Ferrol su compromiso de patrocinio que …