O Padroado da Cultura de Narón abriu o prazo de inscrición de postos no Mercadiño Artesán do Oenach Atlántico de Sedes

O Padroado da Cultura de Narón anunciou a apertura do prazo de inscrición de postos no Mercadiño Artesán do Oenach Atlántico, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xullo en Sedes. A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, reúne cada ano nesta parroquia de Narón a centos de persoas. Os postos poderán permanecer abertos nas xornadas do sábado e o domingo –días 29 e 30-, en horario de mañá e tarde, se ben os asistentes poderán montalos a véspera.

As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información ao respecto deben poñerse en contacto coas oficinas do Padroado da Cultura de Narón, a través do teléfono 626 378 685 –chamando de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00- ou mediante o correo electrónico d.canovas@naron.es. As inscricións son de balde, tal e como se recalcou desde o Padroado.

Lea también

Valdoviño acolle o taller “Artes Galegas 2024: Asorey, un escultor monumental”

O Concello de Valdoviño celebra este sábado 27 de abril o obradoiro «Artes Galegas 2024: …