Ferrol aposta polo turismo activo, o patrimonio histórico naval e a beleza do litoral como reclamos no verán

Ferrol Verán 2017 – Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da área de Turismo, ven de editar 8.000 folletos turísticos para o verán 2017 que comezan a distribuírse esta mesma semana nas oficinas municipais, noutras cidades galegas e localizacións sinaladas como estratéxicas para a promoción do municipio.

O Concello aposta por poñer en valor o patrimonio histórico e a riqueza medioambiental na conxunción entre o turismo activo e o descubrimento do patrimonio, cunha oferta que abrangue as rutas modernistas teatralizadas, visitas ao Castelo de San Felipe, paseos en lancha pola ría, roteiros gastronómicos coa colaboración da Confraría e, entre as novidades, unha ruta en taxi polo litoral a través de Radio Taxi Ferrol polo LIC Costa Ártabra.

Rutas en Taxi: Existe a posibilidade de optar por ate cinco percorridos diferentes, con prezos que van desde 30 ao 75 euros, para o mais extenso, que é unha viaxe de tres horas e 45 quilómetros por todas as praias de Caranza a Ponzos. os a San Xurxo. O prezo inclúe Ive, mascotas, can guía, equipaxe e cadeira de rodas.

O mais breve concéntrase nunha hora de percorrido por 25 quilómetros de Doniños a San Xurxo. Hai outras opcións, tamén dunha hora, polas praias de Santa Comba, Sartaña e Ponzos, un terceiro de hora e media que tamén suma as praias de A Fragata e o Vilar, e un cuarto percorrido que se concentra na zona de A graña, San Felipe, Cariño e Doniños.

O inicio e final da ruta é calquera punto urbano da cidade e o precio fixado é por vehículo, con independencia do número de pasaxeiros. Existe a posibilidade de contratar un coche de 6 praza con reserva previa de 48 horas de antelación. O teléfono para facer as reservas é 981 35 55 55.

Toda esta oferta, explicaba o concelleiro de Turismo, pasa por potenciar o que demos en chamar Turismo Activo, un lema co que acudimos este ano 2017 a Fitur.

Consiste en sacar partido da beleza natural e paisaxística do noso municipio, do patrimonio histórico e arquitectónico, da Ilustración ao modernismo pasando pola construción naval, cunha chea de actividades guiadas, teatralizadas e propostas ao aire libre www.ferrolactivo.es, como as rutas BTT, que se poden practicar en familia a todos os niveis e que unen cultura, deporte e natureza”, destacou Basterrechea.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …