O mundo do baile, protagonista dos cursos de verán da Agrupación Instructiva Caamouco

Cartel dos cursos – Agrupación Instructiva Caamouco

A Agrupación Instrutiva de Caamouco pon en marcha o seu programa de cursos de verán. Este ano, a Sociedade centrará as súas actividades no mundo do baile, despois da boa acollida deste tipo de actividades no verán pasado.
Desta volta, a Agrupación ofertará un Curso de Swing e outro de Bailes Latinos, ambos impartidos por profesionais do sector.

Con estas propostas, a Xunta Directiva da Agrupación busca encher de vida o centro social da Tenencia, tamén nos meses estivais.

As actividades comezarán na primeira semana de xullo e prolongaranse ata finais de agosto. Para inscribirse en calquera das actividades abonda con chamar ou enviar WhatsApp ao 606 14 67 87.

CURSO DE SWING. Martes, de 21:00 a 22:30 horas. Socios: 21 / Non socios: 24

O Curso de Swing estará impartido polos profesionais da academia Andrés&Berna, uns dos poucos expertos en Galicia deste estilo de baile. O swing ten a súa orixe nos Estados Unidos nas primeiras décadas do século XX e a día de hoxe conta con millóns de afeccionados en todo o planeta. O lindy hop é o estilo máis popular dentro dos bailes swing. Os expertos din que este estilo de baile incrementa a autoestima e potencia o exercicio físico.

CURSO DE BAILES LATINOS. Venres, de 21:00 a 22:30 horas. Socios: 21 / Non socios: 24

O Curso de Bailes Latinos repetirá no centro social da Tenencia por segundo ano consecutivo. Despois da boa acollida do verán pasado, a Xunta Directiva da Sociedade volve confiar nos profesionais da Escola de Baile Son Swing para organizar esta actividade. No curso, apto para principiantes ou expertos, faise un percorrido polos diversos estilos de baile latino, dende o merengue á bachata, pasando pola cumbia ou a salsa.

Lea también

Primeros ganadores de la campaña “En Valdoviño… adelantamos la Navidad”

La campaña de dinamización del comercio local «En Valdoviño… adelantamos la Navidad» ya tiene sus …