A compañía Producións Teatrais Excéntricas representará o sábado, día 27, no Pazo da Cultura, a obra “A cabeza do dragón”. A representación, dirixida a todos os públicos, dará comezo ás 20.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es– a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
“A cabeza do dragón” é unha farsa fantasiosa incluída polo escritor Ramón María del Valle Inclán nunha colección de farsas titulada “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. Trátase dunha historia protagonizada por unha familia real e ambientada no reino de Micomicón, donde vive un dragón que ameaza ao reino.