O BNG solicita a rescisión de contrato con Socamex ante a petición de Emafesa de subvencións por máis de 6 millóns de euros

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante dos escritos presentados por parte da empresa EMAFESA, nestes ultimos días, solicita a rescisión do contrato con Socamex para a xestión do servizo de abastecemento e do servizo de depuración do Concello de Ferrol.
Emafesa rexistrou en días pasados, no rexistro municipal, solicitudes de subvencións por uns importes de máis de 6 millóns de euros e o aprazamento do pago concesional.

É por iso que o BNG solicita a rescisión deste contrato por non ter aboado, EMAFESA, o canón concesional ao que ten a obriga de facer fronte e por non ter aboado á Xunta de Galiza un imposto de carácter autonómico como é o canón da auga que si ten cobrado aos veciños e veciñas de Ferrol.
Nos escritos rexistrados EMAFESA solicitalle ao concello:

-Unha subvención de 1,5 millóns de euros para o pago da débeda tributaria coa Xunta por non ter aboado o Canón da Auga que si cobrou aos veciños e veciñas.
-Unha subvención de 4,86 millóns de euros co fin de restituir o equilibrio financeiro da empresa por non ter cobrado a taxa de depuración en 2015 e a suspensión desta.
-O aprazamento do pago do canón concesional que é a aportación económica que a empresa debe facer ao Concello por entregarlle a xestión do servizo.

A estas solicitudes de subvencións por máis de 6.37M de euros e de aprazamento do canon municipal que supón máis de 1,2M de euros ao ano hai que sumar o pacto entre PP e FeC para entregar a xestión da depuradora a EMAFESA facendose cargo o concello de Ferrol da xestión e da reparación dunha infraestrutura de carácter supramunicipal que debería asumir a Xunta. Decisións que teñen como obxecto único incrementar os ingresos da parte privada da empresa EMAFESA

As cantidades que EMAFESA deixou de aboar son

Canón da auga 1.515.146,30 euros (desglosado abaixo por semestres)

1 semestre de 2016: 428.840,42 €
2 semestere 2016: 394.562,51€
3 semestre 2016: 437.875€

Importe da subvención solicitada 4.861.779,50€ (polos seguintes anos)
2014: 690.933€
2015: 1.795.073€
2016: 2.375.711€

Débeda de EMAFESA, co concello, polo aprazamento do canón concesional até finais do 2016: 1.482.069 €

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …