Este venres, festas de San Isidro en Cedeira

(Cedeira, corresponsalía) Os veciños de San Isidro estanse a preparar para celebrar as festas patronais, que terán lugar os días 12, 13 e 14 do presente mes.

Ángel, José Vicente, Pedro e Laura son os membros dunha comisión que contou co apoio dos veciños da parroquia de Esteiro, do Concello de Cedeira e dos comerciantes.
A festa dará comezo este venres coa actuación da orquestra Alaska e o grupo Fusión, a partir das 23.00 horas.

Para a xornada do sábado prevese a celebración (ás 13.30 horas) da misa solemne, e a procesión, a continuación, polo adro da capela de San Isidro.

E despois, como todolós anos, celebrase unha merenda campeste, con todólos veciños e veciña de Cedeira e arredores

A formación musical Cosmos animará a sesión vermú e volverá a actuar na verbena, xunto a orquestra Panamá.

As festas concluirán o domingo coas útimas citas populares. Así, os actos relixiosos darán comezo ás 13.30 horas e a sesión vermú correrá a cargo do grupo Fusión.

Lea también

Nove establecementos de hostalería de Cedeira participarán no VI certame “Tapas de Outono”

Un total de nove establecementos de hostalería de Cedeira participan do venres 24 ao domingo …